Os títeres convértense nos verdadeiros protagonistas de Noia a partir de hoxe 20 de agosto.
As compañías Fantoches Baj, Babaluva, Seis Dedos e Tanxarina actuarán mañá a partir das 18:00 horas
Todas as actuacións do TitiriNoia, de carácter gratuito e organizadas polo concello e pola distribuidora Urdime, terán lugar polas tardes no Campo da Feira da vila
Ás 18:00 horas da tarde arrincará no Campo da Feira da vila coruñesa o Titirinoia, o I Festival de Monicreques de Noia, que, organizado polo concello e pola distribuidora Urdime, traerá ao municipio durante 3 días as principais compañías infantís do país.
O Titirinoia comeza o martes 20 ás seis da tarde coas actuacións dos ‘Velocíclopes’ de Fantoches Baj e cos obradoiros de Babaluva ‘A casa dos xogos’ e ‘A Ludoteca Xiramundos’.
Ás 19:00 horas terá lugar o espectáculo ‘O Galo Quirico’ de Seisdedos Títeres, e ás 20:00 horas será a quenda de ‘Titiricircus’ da compañía Tanxarina Títeres.
Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, proxectarase o documental ‘Morreu o demo acabouse a peseta’.
O mercores e o xoves continuarán as actividades deste Primeiro Festival de Monicreques de Noia.