Ana Díaz

Maio 15, 2022

nota:

Ana DIAZ presenta o seu jazz de raíces galegas no Maio Jazz 2022

O jazz de raíces galegas de Ana DIAZ soará no Teatro Colón da Coruña o domingo 15 de maio, ás 20 horas, na que será a segunda cita do Maio Jazz 2022, programado pola área de Cultura da Deputación. As entradas, de balde, para este concerto e para todos os do ciclo, xa se poden retirar na web do teatro.

A nova compositora e intérprete galega Ana DIAZ a quen acompañará a guitarra de Diego Divito, presentará, na que vai ser a súa primeira actuación na súa terra, os temas do seu disco “Maloserá”, un traballo que reflicte a sua aposta por unha música que pretende situar Galiza no panorama do mundo globalizado. Por iso, os seus concertos se presentan como unha experiencia plurilingüe pero que non perde o sabor da terra. Desa fusión coa súa formación en jazz e soul nacen cancións contemporáneas e internacionais cun forte carácter persoal.

A música de Ana DIAZ xira arredor de temas como o amor ou a desigualdade, debullados a través da súa experiencia persoal, sempre na procura da catarse do público, que poderá empatizar coas emocións da cantante recoñecendo nelas as propias.

AXENDA

Facebook

20:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
De balde con reserva.