aidado Sés

Outubro 10, 2020

nota:

Concerto SÉS con aforo limitado a 300 persoas.
Cada persoa pode reservar un máximo de 4 prazas e nelas ten que indicar:

– Nome das persoas asistentes
– DNI das persoas asistentes
– Teléfono de contacto
– Enderezo de correo electrónico (neste enderezo recibirá a confirmación da súa solicitude)
As reservas son intransferibles, é dicir, se algunha das persoas anotadas non pode asistir, non pode acudir outra persoa no seu lugar se non ten solicitada a praza previamente. Prégase a aquelas persoas que non poida asistir, comuniquen a súa baixa o antes posible para que esa praza volva estar dispoñible.

O acceso ao recinto realizarase a partir das 20:00 previa comprobación dos datos da reserva. Acudir co correo de confirmación para a comprobación dos datos. Aquelas persoas que teñan reserva pero non se presenten na entrada do recinto antes das 20:45h., perderán automáticamente a reserva e os seus asentos quedarán libres para seren empregados por persoas que non dispuxeran de praza.

Recoméndase acudir con tempo suficiente para evitar aglomeracións.

Lémbrase que é obrigatorio o uso de máscara, manter a distancia de seguridade e respectar outras medidas sanitarias vixentes no momento.

Facebook