A Pedreira será a representante galega na programación desta fin de semana de Culturas 360 – March 4, 2023 – Broadcast 1

Marzo 02, 2023

nota:

A Pedreira será a representante galega na programación desta fin de semana de Culturas 360 – March 4, 2023 – Broadcast 1
✨ A Pedreira from Galicia, Spain, is “a multifaceted, wild, rebellious and sophisticated woman, with the gift of the written and sung word.”
✌️ retransmisións ao día para axustar os tempos das distintas zonas horarias, cun total de 17 bandas participantes!
🥳 Desde Santiago de Compostela, representando Galiza, A Pedreira actuará o sábado 4 de marzo ás 16.00 h 🙌
▶️ 👉https://www.youtube.com/@culturas3608
Culturas360 é un proxecto colaborativo internacional que se celebra anualmente en liña para amosar artistas de todo o mundo. Durante dous días, este 4 & 5 de marzo, celebraremos a rica diversidade de culturas e músicA do planeta.

“Fixen este concerto grabación no faiado da casa patrucial de meu pai, a Casa do Gallego de Vilaronte, en Foz ( vértice do Segmento Cantábrico) con cancións que posibelmente estexan no novo disco Basal. Ofrecendo a miña sonoridade máis esencial, baixo a compaña da madeira que é pel: unha guitarra con agulla de calcetar do 5 e medio, pandeireta, pandeiro e unha vasoira de meiga. Ali con o videasta asturiano Eloy Couceiro, como filla única vinculeira, unín as actuais posibilidades do meu ser individual artístico mais espido. Agora na plenopausia voltei á segunda adolescencia, donde a composición para min era, é , a rainha dos meus dias. Nese lugar teño inventado coreografias, deseñado escenas, composto melodias e escrito letras. É asi, como me presento ante Culturas 360, en representación do meu pais, só, enteira, forte e vulnerabel. ” A Pedreira.

AXENDA

Facebook