le punk “la logia de la canalla”

Setembro 15, 2004

Non abondan as bandas como Le Punk no panorama español, capaces de convencer a públicos diferentes grazas ao bo resultado da súa combinación de actitude de banda de rock con estilos própios de comezos do século pasado, como o tango, a milonga, a música xitana centroeuropea, ritmos mediterráneos, o blues ou o son añejo de New Orleans. A experiencia de músicos fogueados noutras formacións como Buenas Noches Rose, Yoghourt Daze ou Pereza – e mesmo un cum laude de conservatorio no teclado- é elemento imprescindible para o acerto en composicións como “Chucho”, “El delito del amor”, “Tan muerto como vivo”, “Así me va”…Un agradece a canción que pecha este debú, “Tango”, de ritmo máis relaxado en contraste coa voráxine dos cortes precedentes e talvezmarcando unha liña a seguir cara a non caeren na repetición. A salientar a interpretación do vocalista Alfa, os saxos de Tuli, os textos canallas… e un estupendo directo, como demostraron no Cultura Quente de Caldas de Reis.
contratación : La Fabrica de chocolate
Pepe Cunha (outono 2004)

AXENDA

Facebook