nota:
Venres 26 21h 5€/7€
XOSÉ CONSTENLA
Xosé Constenla presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado ‘Virada por Avante’, cun concerto especial no que estará acompañado polo productor do disco, Fredi Marugán, ás guitarras, e polo pianista Javier Constenla. En ‘Virada por Avante’ atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano. Sen dúbida, trátase do álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Xosé Constenla, no que participaron, ademais de Fredi Marugán, artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Oscar Herrador (Stateroom Studios)”.