Leilía

Outubro 04, 2012

LEILÍA co seu novo espectáculo CONsentimento + Coanhadeira (21:15 h)

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación,
a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
A Sacabeira Café Bar Cultural ,ubicada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), celebra o seu 5️⃣ 🎂aniversario con música en directo. Este sábado a partir das 8 da tarde actuarán: Vértebras (hip hop, música urbana), Dandy Fever (reggae, ska, rocksteady), O SONORO MAXÍN (verbena fusión). Haberá comida de autor á venda da man de A Artesa Foodtruck 😋 Esta festa é vosa amigos e amigas da #asacabeira por 5 anos de fidelidade apoiando o noso espazo e a música en directo!! Nesta ocasión ampliamos servizos, recursos humanos e materiais para a vosa comodidade e que non vos falte nada!! 👌🏽 Todo preparado para pasar unha velada memorable, organizada con toda a nosa paixón e cariño!! Esperámosvos!!! 🥳PD. Pásate botar unha firma para optar ao sorteo da cesta 🧺 cun lote de produtos da Sacabeira que se sorteará o sábado (non é necesario estar presente no sorteo). 🦎@seguidores ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Praza de Santa María, Lugo.
De balde.