Cantos na Maré 2013: Chico César + Ruí Veloso + Cheny Wa Gune + Sés

Xaneiro 12, 2013

Chico César (Brasil), Ruí Veloso (Portugal), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galiza) serán os protagonistas canda a banda de músicos formada para o ocasión. De novo conta coa dirección artística de Uxía e regresa á dirección musical do pianista Paulo Borges (Azores-Portugal) , un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

O cantos na Maré non é festival ao uso porque os artistas non veñen coa súa propia banda a interpretaren repertorio propio. Durante varios días conviven e ensaian xuntos para coñecérense e prepararen un repertorio único que interpretarán “cará ao público” nun formato exclusivo desta ocasión. Deste xeito, abondos momentos de anteriores edicións fican gravadas con emoción na memoria do público testemuña da maxia transmitida desde o palco.

Os protagonistas desta edición
Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.

A cita este sábado 12 de xaneiro ás 21:00 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entradas a 25 €.

AXENDA

Facebook

17 hours ago

Ábrete de orellas
A Sacabeira Café Bar Cultural ,ubicada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), celebra o seu 5️⃣ 🎂aniversario con música en directo. Este sábado a partir das 8 da tarde actuarán: Vértebras (hip hop, música urbana), Dandy Fever (reggae, ska, rocksteady), O SONORO MAXÍN (verbena fusión). Haberá comida de autor á venda da man de A Artesa Foodtruck 😋 Esta festa é vosa amigos e amigas da #asacabeira por 5 anos de fidelidade apoiando o noso espazo e a música en directo!! Nesta ocasión ampliamos servizos, recursos humanos e materiais para a vosa comodidade e que non vos falte nada!! 👌🏽 Todo preparado para pasar unha velada memorable, organizada con toda a nosa paixón e cariño!! Esperámosvos!!! 🥳PD. Pásate botar unha firma para optar ao sorteo da cesta 🧺 cun lote de produtos da Sacabeira que se sorteará o sábado (non é necesario estar presente no sorteo). 🦎@seguidores ... See MoreSee Less
Ver en Facebook