O Reperkusión 2013 vai collendo forma

Xaneiro 14, 2013

As primeiras confirmacións para o Festival Reperkusión 2013 son Fermin Muguruza, Slamboree, Haydamaky, Banda Fura Fura e Quequé.

Creada por primeira vez con motivo do Terra da Fraternidade do 2012, nova ocasión de ver a Banda Fura Fura, a superbanda galega formada por Xurxo Souto (Diplomáticos, Os 3 Trebóns), Ico (O Sonoro Maxín), Lydia Botana (Skarallaos), Adrián Beiroa (Guezos), Bocixa (Zënzar), O Leo (O Leo e Arremecaghona ), García (Dios Ke Te Crew), Olivier Cano, Martiño Domínguez e Manu Payno (A Magnifique Band dos Homes sen Medo), Fran Amil (ulträqäns), Antón “Papaqueixos” e Brais Ríos (Sacha na horta).

Os abonos para os tres días xa á venda por 25 €, os 1.000 primeiros con acampada incluída.

Tras o traslado do ano pasado, o festival repite no recinto de Bemposta.

AXENDA

Facebook