Zumaque Trío

Xullo 12, 2019

nota:
Zumaque Trío nos Seráns en Feixóo

Zumaque Trío é unha formación integrada por tres músicos afincados en Compostela, cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais.
(A arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo, vencellado a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, pero sempre comprometido ca música tradicional galega)
Zumaque Trío propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. O trio pon en valor e dinamiza estructuras e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Pablo Pascual clarinetes
Alfonso Calvo contrabaixo
Bleuenn Le Friec arpa

20:30 h.
Praza de Feixóo, Santiago de Compostela.
De balde.