Zoobazar

Outubro 30, 2012

O grupo de fusión (música mediterránea, rock, world music) madrileño Zoobazar ofrecerá un concerto na Casa das Crechas mañá martes 30 ao prezo de 5 euros. Este grupo está formado por diferentes compoñentes de formacións de éxito, como o ex laudista de Radio Tarifa, o violinista de La Musgaña, ao batería de Eliseo Parra e o baixista da banda de rock GN3.

Este cuarteto madrileño percorre varios estilos musicais do mediterráneo (folclore ibérico, turco, balcánico, grego, norteafricano…) fusionándoos con elementos occidentais. Música innovadora, creativa, de raíz e cunha visión global.

Zoobazar presentaranos o martes o seu novo e primeiro álbum, ‘Uno’, producido por Carlos Raya (Sangre Azul, M-Clan, Fito y Fitipaldis). Este disco foi elixido como un dos Favoritos 2011 polo programa Mundofonías de RNE.

Zoobazar logra crear un son único e moi persoal a través de melodías claras e pegadizas, mesturando o virtuosismo con ritmos sólidos e progresións harmónicas. Os seus directos son moi potentes, enerxéticos e chens de música de varios matices e sonoridades. Concertos para ver, escoitar e bailar.

Zoobazar son:

Amir-John Haddad, laude e saz
Diego Galaz, violín e mandolina
Pablo Martin Jones, batería e percusións
Hector Tellini, baixo

http://www.reverbanation.com/zoobazar

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
A Pedreira - Carvalho Verde (directo) ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €