Zënzar + Os do Xalo + Xenderal

Maio 09, 2015

Zënzar presentan novo disco “CAMIÑANDO ENTRE SERPES” – ZËNZAR – NOVO DISCO

sala JOSFER –Mesón do Bento –Ordes (a 8km de Ordes en dirección A Coruña)

Venda de entradas : vendas@zenzar.info

O sábado 9 de maio de 2015 dende as 22:00 na Sala Josfer en Mesón do Bento, Ordes (A Coruña) presentaremos o noso novo disco “Camiñando entre serpes”. Estarán connosco os grupos OS DO XALO + XENDERAL

A festa empezará as 22.00 coa Foliada con OS DO XALO as 23.00 ZËNZAR e ás 00.30 XENDERAL

Entradas anticipadas dispoñibles desde o venres 17 de abril en:
A Taberna, Mestura (Cerceda)
Lume e Ferro (Carral)
Miranda
Cultura para levar (Compostela)
Cristín (Ordes)
7€ entrada 10€ entrada + cd (anticipadas)

ZËNZAR ,máis de 25 anos de rock en galego dende Cerceda presentando novo traballo discográfico . Coas colaboracións ao vivo de José M. Ares á gaita e Xenderal á voz e beatbox e outras sorpresas.

XENDERAL, pecha e festa este artista emerxente procedente tamén de Cerceda con letras cargadas de lirica xamaicana con moita rabia galega. Letras contundentes e retranqueiras

Non será una presentación, será unha longa festa nun lugar especial.

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Sala Josfer, Mesón do Bento (Ordes)
7 / 10 €