nota:
Zënzar fará o seu primeiro concerto do ano antes da presentación do que será o novo traballo actualmente en fase de masterización e edición.
Nesta ocasión compartindo esceario co grupo betanceiro Dr. Garimba, rock en estado puro liderado polo veterán músico Manolito Buyo compañeiro
De camino dos Zënzar.
Soará algunha das pezas que integrarán o novo traballo dos cercedenses e como non moitos dos seus clásico…
Nesta ocasión todo é distinto pois a banda grabou coma quen di na casa, en terras de Bergantiños . O estudio elexido foi o da Escola da Rúa , situado en Carballo. A Produción correu a cargo de Javier Abreu, coa colaboración de Manolo Dourado como auxiliar de son.
Será a gravación nº 10 contando as dúas primeiras cintas rexistradas en estudio, e a presentación está prevista para o 9 de maio na sala JOSFER –Mesón do Vento.
Como adianto a finais outubro pasado saiu o VIDEO CLIP “Cortina”, un traballo audiovisual moi especial. Con letra de Xosé Díaz Castro (homenaxeado no 2014 coas Letras Galegas) e coa particularidade que unha parte do poema é inédito.
dirixido e guionizado por Paco Gallego. O equipo técnico completanno Xosé Bocixa como realizador e operador de cámara compartindo a iluminación con Juan Luis Rúa que se encargou da foto fixa.
Segun Paco Gallego “O video clip vén sendo un poema épico e, ao tempo, tráxico sobre un mundo que se resiste a morrer e que é retratado a partir da figura derrotada dun home galego do agro de mediados do séculor pasado. Unha vida de derrotas diarias e apenas trunfos. A resistencia é común no texto e no grupo Zenzar, con 27 anos de historia e 9 cds editados e un dvd ao vivo. É por isto que o relato audiovisual debía crear unha cosmovisión, unha iconografía propias ao texto, música e grupo, para poñer en imaxes ese canto épico e tráxico que retrata o fin dunha forma de vida, que é tamén a loita,o canto épico, dun grupo que foi quen de manter unha coherencia en toda a súa biografía musical, asociada a múltiples reivindicación sociais, e resistir e persistir.
E para mirarnos con outros ollos e aprender. SEMPRE APRENDER”