Zënzar “Benvidas ao futuro”

Maio 28, 2020

A nosa banda clásica de rock non é moi prolífica no estudio, de aí a expectación por lles escoitar cancións novas. Xa pasaron cinco anos deste o seu sétimo álbum, “Camiñando entre serpes”, e vinte e tres dun debut que agora lembran no título: “Disparados ó futuro”. En todo este tempo, a formación xurdida en Cerceda moveuse polo rock dun xeito o suficientemente aberto para que non atopemos grandes novidades estilísticas, e menos pensando en chegaren a máis público. Son o que son, non enganan e dan o mellor que teñen que neste caso talvez sexa o seu disco máis compacto. Eles apuntan á importancia de gravaren con Roi Gil, técnico de directo e “o sexto zenzar”, para reflectiren os directos enérxicos e guitarreiros característicos da banda, e non lles falta razón. Porén, sen este nivel tan notábel nas cancións, ese son non tería a materia que reforzar.

A outra novidade é a incorporación na gravación de Laura Romero ao baixo e a un deseño gráfico notábel, polo que estamos ante o primeiro disco elaborado totalmente no seo da banda. Mais esta interioridade non significa en absoluto que se atopen nunha burbulla. Todo o contrario, porque xa desde a personalidade activista de Bocixa na voz rachan con ese verniz da tecnoloxía e as redes sociais do sistema para sinalar os problemas persistentes na Galiza do século XXI: “a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación.” Manteñen o carácter rockeiro e reivindicativo para falaren sen sutilezas de nós (“Somos criminais”, para o espectáculo humorístico homónimo), da vida do músico (“Historia do rock”n”roll”), do abuso do poder e a especulación (“Mercader da morte”), do desleixo coa nai terra (“Todo se extingue”), dos excesos propios e alleos (“Abusei”), de resistencia (“Standing Rock”), de expectativas malogradas (“Fomos o futuro”), da muller silenciada (“Maruxa”). Ademais, cómpre salientar “Samurai”, dedicada a Tabe, o seu baixista finado en 2016, e o agasallo final de regravaren un clásico propio acompañados de amigas: “A culpa foi de Leño”.

De Leño e Rosendo hai influencia innegábel, mais tamén dos primeiros Barón Rojo, Iron Maiden, Deep Purple, os Siniestro Total dun “Made in Japan”, La Polla Records … e tamén achegan colaboracións coma as voces de Zeltia, O Reverendo ou Juankar (Boikot), recitados de poetas … En “Benvidas ao futuro” recoñecemos a Zënzar, pero na versión mellor que nos pode dar a banda, cun disco directo, de once cortes en trinta e sete minutos, de cancións que funcionan en letra e música, cun ritmo sólido, guitarras afiadas e a voz áspera como o discurso.

Pepe Cunha, 28-maio-2020

“Benvidas ó futuro” pódese mercar en dúas modalidades: o CD en digipack ou nun USB Edición especial: os temas incluidos no CD tanto en wav coma en mp3 e unha selección de 32 temas de discos (e unha maqueta) anteriores. A caixa, tamén de cartón, lixeiramente máis grande ca do CD normal, cun deseño diferente e cunha breve historia da banda no interior.

AXENDA

Facebook

23 minutes ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook