6 € / 5 € (anticipada) / 3 € (soci@s)
Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos Da terra das sombras e da oscuridade, xa que así foi como comezou todo, alá polo principio de outono na Meirama de 1987. Ben é certo que comezaron chamándose Mördor. Son o grupo de rock en galego máis veterano e en activo, por iso cada ano que cumpren é unha celebración para os seus membros… e xa van preto de 25, os cales celebrarán no vindeiro 2013. Hoxe en día, Zënzar é unha aposta segura para o seu festival, sala, evento, etc., aposta sobre seguro, pola profundidade do repertorio, o son contundente e compacto e por saber estar enriba dun escenario, o cal levan facendo dende que se xuntaron. Nestes últimos anos, están levando a cabo unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca os seus sinais de identidade: rock en galego. Tras varias maquetas, diversos recopilatorios e cinco discos oficiais e un directo plasmado nun DVD, preparan o lanzamento do novo traballo, sexto disco de estudio e sétimo traballo neste 2012. Tras A Tribu, que contou con diversas colaboracións (Xurxo Souto, Vituco Neira de Ruxe Ruxe, Xés,…) o seu novo traballo de estudio, Vaise Armar contará con 13 pezas inéditas, que recollen a esencia do que é hoxe en día Zënzar. Un grupo máis maduro musicalmente e máis aberto a sons e ritmos, un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos.
www.myspace.com/somoszenzar
www.zenzar.info/web
Featured