Zënzar pasarán o próximo venres 27 de Abril polo Pub Gatos en Melide (A Coruña), cun adianto do seu novo disco “Vaise Armar” que sairá a luz o próximo 5 de Maio.
En maio, sae a luz o seu último disco “Vaise Armar”. Pódese escoitar un adianto do novo disco dende a páxina web de Zënzar, o tema “O Galego” o cal participa no certame Cantalingua 2012. O conceto de presentación terá lugar o próximo 5 de Maio na Sala Josfer en Mesón do Vento – Ordes. Contarán con Sterko, Familia Caamago e Mou Pinchadiscos como bandas invitadas para a ocasión e a entrada anticipada custará 6 € ou 10 € con cd, e 8 € ou 12 €con cd en taquilla.