Zënzar

Outubro 09, 2021

ZENZAR

Sábado 9 de outubro. 22:00 apertura de portas. 22:30 concerto

Entrada anticipada 8 + gastos Billeteira 10 euros.

Os de Cerceda comezan o 2021 cun novo traballo discográfico, BENVIDAS Ó FUTURO é un disco que mira ó pasado (facendo alusión ó primeiro disco da banda, Disparados ó futuro) pero sobre todo ó momento presente. Apostando polos directos enérxicos e guitarreiros habituais, Zënzar pon voz e música ós problemas persistentes na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de relacionarnos que trouxo o progreso tecnolóxico, un futuro que agora non parece tan bonito como nolo pintaban. Zënzar, a banda decana do rock galego e en galego, segue a afinar os instrumentos cumpridos os 32 anos de actividade constante.

Zenzar son:

Voz: Xosé A. Bocixa

Batería: Manolo García

Guitarra e voces: Mario Grela

Guitarra e voces: Paco Cerdeira

Baixo: Laura Romero

Técnico de son: Roi Gil

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Sala Mardi Gras, A Coruña.
8 / 10 €