Yacine & the Oriental Groove

Abril 19, 2013

nota:

O novo traballo de Yacine & the Oriental Groove, que leva o nome de “L´estima venç la salvatgia” (A estima vence ao lado salvaxe) continúa e madura esta liña. Co núcleo dos Oriental Groove xa consolidado este disco, producido gracias a un crowfunding con Verkami (o que demostra a lexión de seguidores que ten Yacine non só en Cataluña) incorpora unha produción máis elaborada, con colaboracións de músicos gregos, arxelinos e un cuarteto de corda.
Música de aquí e de todas partes, electrónica e folk arxelino; pop occidental e melodías de Grecia; funk e polirritmia que crean unha paisaxe de sons onde o único que non cabe son os discursos fáciles nin os -xa manidos-tópicos sobre a multiculturalidade.
A época cambia: Yacine e os seus músicos maduraron e xa non son tempos de “discursos valeiros”, son tempos de explicar a realidade persoal a partir de cancións como “Ténéré” que fala de amor e guerra, ou “atini Boussa” (“Dame un bico”) que fala de liberdade persoal e de aportar unha mensaxe positiva en tempos difíciles.

Home

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Grazas á presión das compañeiras de GZmúsica , ás novas influencers e chiadoras da música en galego, aí estaremos, no sábado desta cita tan mediática. Agora que xa facemos 20 anos e nos reivindican, fecharemos cun "Choio virado. Até aquí chegamos"O Son do Camiño anuncia novo cartaz!!!!!. As críticas recibidas pola escasa presenza de grupos galegos, fixeron recapacitar á organización ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Pub Ultramarinos, Santiago de Compostela.
6 €