XX Música na Noite: Nao + Familia Caamagno + Os d”Abaixo + Habelas Hainas

Xullo 08, 2017

nota:

O Festival Música na Noite volve atopar o equilibrio entre a tradición folk e a intensidade do rock no cartel da súa vixésima edición. Familia Caamagno, Nao, Os d’Abaixo e Habelas Hainas actuarán o sábado 8 de xullo no campo de Santo Domingo (Solláns, Calo-Teo) nunha das citas musicais máis veteranas do panorama estival galego,organizada pola Asociación Cultural Lúa Chea. Esta edición estará dedicada ao apoio ao pobo saharaui e ao programa Vacacións en Paz.

As bandas
Os concertos son gratuítos e comezan ás 22.00 horas, e neles participan varias das bandas máis interesantes da escena galega. Como é habitual, a metade dos conxuntos da noite céntranse na música de raíz galega. Os d’Abaixo é unha banda creada en 2010 por vellos coñecidos da escena
folk galega, antigos integrantes de formacións como Fía na Roca ou Berrogüetto. Cunha ampla traxectoria de concertos internacionais, editaron en 2014 o seu primeiro disco, Ao vivo en Lorient, e neste 2017 a súa segunda referencia, Quixera ser dos paxaros, gravado en estudo.

Mentres, Habelas Hainas é un cuarteto formado por Sandra Tamayo, Patricia Gamallo, Arantza Alfaia e Jara Ortiz; versátiles multiinstrumentistas, parten da música tradicional para crear os seus propios temas e experimentar.

No apartado do rock, Nao é un dos referentes indiscutibles do metal galego. Comprometidos co idioma e no social, os da Estrada levan bourando desde o 2005 e contan xa con media ducia de álbumes de estudo.

Finalmente, a Familia Caamagno é un dos conxuntos do momento na escena rock galega. Herdeiros da tradición garaxeira do sesenta e posuidores dun fino sentido do humor, contan cun dos mellores e máis divertidos directos do país.

A historia
Música na Noite naceu nos anos oitenta para achegar a Calo a diversas bandas de folk do momento. Durante esta primeira vida, que durou ata 1996, converteuse nunha das citas máis populares do panorama da música tradicional. A asociación Lúa Chea recuperouno no 2008, desta vez apostando por música de estilos diversos.

Familia Caamagno
https://www.facebook.com/Familia-Caamagno-188848244782619/
https://familiacaamagno.bandcamp.com/
Nao
https://www.facebook.com/somosnao/
http://www.nao.gal/
Habelas Hainas
https://www.facebook.com/habelas.hainas.96
Os d’Abaixo

Portada

AXENDA

22:00 h.
Campo de Santo Domingo, Solláns, Calo, Teo.
De balde.