O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega á súa vixésima edición, consagrado xa coma un referente da mellor música en directo de jazz e blues do noroeste da península. Novamente reúnen en catro noites a intérpretes de jazz e de blues, cantantes e instrumentistas, na que xa é unha das citas clásicas do verán, ineludible para os afeccionados de dentro e fóra de Galicia.
Eis a listaxe de concertos, todos con entrada de balde e na Praza da Ferrería. :
xoves 19 de xullo THE BAD PLUS con JOSHUA REDMAN
Joshua Redman (saxo) + Ethan Iverson (piano) + Reid Anderson (contrabaixo) + David King (batería)
O prometedor encontro entre quen é cualificado coma mellor saxo tenor do mundo no ámbito do jazz (DownBeat, decembro 2011), e un trío orixinalísimo, absolutamente contemporáneo e ás veces difícil de clasificar. Unha cita obrigada para Redman, que “nos debía” desde que tivo que suspender a súa actuación, pola choiva, na vez anterior que nos visitou en 2007.
www.thebadplus.com ; www.joshuaredman.com
venres 20 de xullo SHARRY WILLIANS
Sharrie Willians (voz) + Lars Kutschke (guitarra) + Till Sahm (órgano/piano) + Attila Herr (baixo) + Chris Jones (batería)
Co mellor estilo de voz apaixonada e desgarrada, coma Tina Turner ou Bettye LaVette, chega esta cantante de blues, recentemente recoñecida co premio de L’Academie du Jazz, en París, e coas dúas candidaturas para os Blues Awards en Estados Unidos. Presenta o seu recente último disco Out of the dark.
www.sharriewillians.com
sábado 21 de xullo KEB’MO’
Michael Hicks (teclados) + Kevin So (teclados, guitarra) + Vail Johnson (baixo) + Les Falconer (batería) + Jeff París (guitarra)
Gañador en tres ocasións do premio Grammy ao mellor disco de blues contemporáneo, Keb’ Mo’ foi un dos elixidos recentemente para a reunión do presidente Obama na Casa Branca coa elite do blues actual. Estamos ante unha figura consagrada que nos presentará o seu magnífico último disco, The Reflection, un traballo difícil de clasificar, no que Keb’Mo’, en plena madurez creativa, leva ao máis alto o seu estilo tan persoal.
www.kebmo.com
domingo 22 de xullo NINETY MILES con STEFON HARRIS, NICHOLAS PAYTON e DAVID SANCHEZ
Stefon Harris (vibráfono e marimba) + Nicholas Payton (trompeta) + David Sanchez (saxo) + Edward Simon (piano) + Ricky Rodriguez (baixo) + Terreon Gully (bateria)
Mauricio Herrera (percusión)
O proxecto Ninety Miles (a distancia entre Estados Unidos e Cuba) reuniu a músicos dos dous países, e cristalizou na gravación dun magnífico disco, co mesmo título. Nesta xira, contaremos con dous dos tres solistas orixinais. O terceiro, Christian Scott, é substituído por todo un luxo: Nicholas Payton, quen, curiosamente, se converte así no artista máis asiduo deste festival, xa que esta será a súa terceira visita a Pontevedra.
www.ninetymilesproject.com
Os días anteriores desenvólevnse máis actividades:
Na Praza do Teucro
martes 17 de xullo ás 22:30h. “END OF AN ERA”
Philip Dizack Trompeta
Eden Ladin Piano
Corcoran Holt Contrabaixo
John Davis Bateria
mércores 18 de xullo ás 22:30h. JAVIER PEREIRO QUINTETO
Javier Pereiro Trompeta
Fernando Sánchez Saxo Tenor
Virxilio da Silva Guitarra
Juan Carlos Díaz Contrabaixo
Máx Gómez Batería
JAZZ POLA RÚA Martes 17 a mércores 18 de xullo de 12:30h – 14h e de 20h – 21h.
STREET BAND
PONTEJAZZ WORKSHOP 18-22 de xullo de 11 – 14h. no Antigo Conservatorio (Alfonso XIII,7)
PHILIP DIZACK
EDEN LADIN
CONCORAN HOLT
JOHN DAVIS