XVIII Festival Folk Guísamo: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre + Kepa Junkera & Sorginak + A Roda

Agosto 26, 2017

Campo da feira de Guísamo (lugar de Predas Brancas).
A partir de mediodía, aproveita o fermoso entorno e ven a xantar ó campo da feira!!
Contaremos coas Food Truck de Mico.Midas e Crema del Cielo, así como un posto de Bico de Xeado.

17 a 21 h.: Obradoiros artesáns:

— Tecelandia: Os máis pequenos poderán facer os seus propio peluchiños de lá.

— Imavi: Realización de fermosos e únicos marcapáxinas con flores secas.

— Voluntariado ambiental do concello de Bergondo: Aprende a facer papel reciclado.

— Dinamo, Xestión Cultural: Caravana de xogos tradicionais, para tódalas idades!.

21 a 02 h.: Concertos:

—Homenaxe ós Mariñáns de Guísamo (coa colaboración do Grupo de Gaiteir@s de Bergondo)

— Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

— Kepa Junkera & Sorginak

— A Roda

AXENDA

21:00 h.
Campo da feira, Guísamo.
De balde.