Xurxo Fernandes: Levaino!

Novembro 16, 2021

nota:

O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega, da que beben proxectos artísticos como Radio Cos. Pola outra, a do entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomán, eixo vertebrador do seu sorprendente Jako o Muzikante.

Xurxo Fernandes: “Levaino! é unha viaxe de autorrecoñecemento. En Galicia temos un profundo vínculo e moi emocional co mundo celta a través da gaita, pero a nosa tradición oral está desconectada da súa contorna natural. E este non é o Norte, senón o Mediterráneo. Con Levaino! queremos tender pontes entre Galicia e o Mediterráneo oriental a través da creación popular colectiva”.

AXENDA

Facebook

20:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
De balde con invitación.