Xoán Curiel & Sérgio Tannus

Decembro 05, 2012

3 € / 1,5 € (soci@s)
Xoán Curiel ven de presentar o seu novo disco Magnético Zen. En Xaneiro deste ano 2012 representou a Galiza no festival internacional da lusofonía “Cantos na Maré 2011”, xunto a artistas como a lenda do fado Carlos do Carmo, a caboverdiana Mayra Andrade, a brasileira Socorro Lira e Uxía. Ademais, participa en diferentes proxectos vinculados á lusofonía como Cores do Atlántico, CoraSons, Terra da Fraternidade ou Estou La. Festivais onde están diversos artistas como Antonio Zambujo, Carlos Blanco, Joao Afonso, Fred Martíns, Aline Fraçao e un longo etc. Xoán leva a súa música polo mundo. Ten tocado en Brasil, Italia, Portugal, Bélxica, Holanda, Francia e actualmente está realizando unha xira polos EEUU na zona de California: San Francisco, Los Angeles e Santa Cruz.

Páxina para escoitar dúas cancións do novo disco:
http://www.xoancuriel.com/p/magnetico-zen.html

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
1,5 / 3 €