nota:
Xira galega de Xoán Curiel e Joseba Gotzon este mes de xuño
Os cantores galego Xoán Curiel e basco Joseba Gotzon comezan unha xira por varias localidades galegas nos próximos días na que darán conta dun novo proxecto musical. A posta en común de cadanseu estilo poderá verse en Compostela, Pontevedra e A Coruña.
O cantautor galego Xoán Curiel e o basco Joseba Gotzon presentan a dúo as súas cancións cun repertorio conxunto por varias localidades galegas durante os primeiros días do mes de xuño. Ambos os dous artistas coincidiron en Bilbao na gravación do disco en directo ‘Marrodan Kantazten’, no Teatro dos Campos Elíseos, e comezou unha colaboración que os levou a dar nesta xira galega, entre outros proxectos.
Joseba Gotzon: Con catorce discos editados e moitas publicacións escritas, Joseba é un dos cantautores bascos que mais ten percorrido o mundo coa súa música. Desde o ano 1984 no que grava o seu primeiro single, presenta o seu traballo por países como Georgia, Arxentina, Venezuela, Brasil, Italia, Portugal, Uruguay, Paraguay, Chile, entre outros. Na actualidade presenta o disco en directo “Marrodan Kantazten”, xunto con outros históricos da música basca e catalana como Niko Etxart, Gontzal Mendibil, Josep Tero, e co cantautor galego Xoán Curiel.