nota:
Xoán Curiel e a banda Son+d2 chegan ao Teatro Principal de Santiago con Estamos no verán!!!. Un espectáculo absolutamente participativo e cheo de enerxía que fará que os nenos e nenas asistentes vivan unha gran festa e un soño de verán.
O espectáculo parte do libro-disco Estamos no verán!!!, (Editorial GALAXIA); con texto de Charo Pita e música e cancións de Xoán Curiel, que narra a historia duns rapaces, Xoán, Jara e os seus amigos e amigas, que cando chega o verán deciden montar un grupo de música…