Xoán Curiel

Decembro 12, 2012

“Novas” é o máis recente espectáculo de Xoán Curiel, unha paréntese no seu segundo traballo discográfico, Magnético Zen, co cal culminará un ano intenso en presentacións, participacións en eventos e en diferentes discos.
Nova formación, novo repertorio e nova proposta artística caracterizan un proxecto que se poderá ver os próximos días 11 e 12 de decembro na galería compostelana Zona C.

Músicos en escea: Serginho Sales e Alberte Rodríguez.
Artistas convidadas: María Blanco e Nastasia Zürcher.

Para quen se achegue ao evento, ademáis, poderá disfrutar de infusións, cafés e petiscos doces caseiros por cortesía do M* Café e Copas

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Zona C, CGAC, Santiago de Compostela.