Xoán Curiel

Novembro 07, 2012

Xoán Curiel presenta o seu novo traballo discográfico: Magnético Zen. Cancións en galego nun universo de fusión con influencias do pop, rock, funky e as músicas do mundo. Para este proxecto conta con músicos dun gran nivel e percorrido. Á parte dos temas do seu novo disco, tamén interpretará temas doutros poetas galegos, portugueses, casteláns e brasileiros.
Un concerto para todos os públicos nun formato íntimo.

AXENDA

22:00 h.
Pub Ultramarinos, Santiago de Compostela.
4 €