Xoán Curiel

Marzo 10, 2016

nota:

Xoán Curiel presenta o xoves nas Crechas o seu novo disco, ‘Ecuacións’
o artista da Fonsagrada Xoán Curiel presenta na Casa das Crechas o seu derradeiro traballo, o EP “Ecuacións”, un EP froito de meses de viaxes, encontros, intercambios de ideas e experimentos sonoros. Seis temas gravados nos estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela e outro máis gravado en Sao Paulo co violeiro Julio Santín.

Trátase dun proxecto especial, ao ser o primeiro no que o músico grava de xeito analóxico “sen cortar, nin pegar, sen ningunha clase de retoque” da man de Toño Fernández, enxeñeiro de son da RG.

O resultado son seis temas moi líricos, con aires intimistas e bases electrónicas, un resultado musicalmente moi diferente a outros traballos de Curiel.

No escenario das Crechas acompañarán a Xoán Jorge Juncal nos teclados, Pablo Vidal ao contrabaixo, Sergio Tannus coa viola caipira e Mila García ao violonchelo. Ademáis, a gañadora do 2º Certame de Canción de Autor en Galego do Concello de Teo, Sofía Espiñeira, colaborará ao longo da noite nalgún dos temas. (Xoán foi, o creador e tanto nesta edición como na anterior, o director artístico deste certame).

Depois da publicación de Magnético Zen no ano 2012 e do disco infantil Estamos no verán!!!, tras catro anos de concertos e extensas xiras por Brasil, Arxentina ou Portugal, Xoán Curiel volta cun traballo propio.

Durante o concerto de Casa das Crechas o artista desvelará ademais algúns dos seus futuros proxectos musicais.

Músicos en escena:
Xoán Curiel: Guitarras e voz
Jorge Juncal: Teclado e efectos
Pablo vidal: Contrabaixo
Sergio Tannus: Viola caipira e cavaquinho

Mila García: Violonchello

AXENDA

Facebook

7 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 €