XI Concurso de Maquetas Millo Verde

Marzo 24, 2018

nota:
O vindeiro Sábado 24 de Marzo a asociación cultural Redondelana “Millo Verde”, festexará, na “Feira do Gando”, como ven facendo dende 2008, o seu concurso de maquetas co obxetivo coma sempre de promover e apoiar os novos talentos musicáis . O evento que tradicionalmente serve como un aperitivo primaveral do festival de xuño, celebra a sua décimo primeira edición e consistira nun concerto de catro formacións, duas convidadas mai-las duas que optan a gañar o concurso. A entrada custará tres euros e incluira consumición mínima, vaso e papeleta de voto.

A velada dara comezo as 22:30 o ritmo das versións de bossa nova, folk americano e cantautores españois de “Chá, cerveja e violão”. Acto seguido entrara en escea o primeiro finalista, os redondelans “Chaleco Reflectante” que tentarán gañarse o favor (e votos) do público coa sua aposta de punk rock. A continuación dende Vigo saltarán ó escenario os segundos rivais desta final, a banda “The Mob swing”, que loitará pola vitoria cun rock con
influencias do swing, o soul e incluso o funky. Posteriormente mentres os votos son recollidos e se decide democráticamente o gañador a música correrá a cargo do grupo de folk “ A Güintervan” que mestura as raices galegas coa tradición balcánica.

Información xeral do Festival Alternativo Millo Verde

7, 8 e 9 de Xuño de 2018

O Millo Verde é un festival de música e artes alternativas sen ánimo de lucro e totalmente gratuito que se ven celebrando dende o 2007, tendo sempre como prato forte a celebración dos concertos durante a fin de semana. Nestes xa participaron bandas do calibre de Kumpania , Algazarra, Alice Francis, Dios ke te crew, Fuel Fandango, Ché Sudaka, Talco, The Anomalys, Blasted Mechanism, ou Vinila Von Bismark cunha asistencia que nos últimos anos ronda as 6.000 persoas durante todo o fin de semana.
O festival tamén organiza actividades para todo tipo de públicos, como obradoiros ou contacontos para nenos, e actividades de outra índole coma Eskalabirras, Jam Graffitti, Basket 3×3, Danza Africana, Artistas de rúa… A éstas actividades típicas do festival sumaranse outras novidades que se irán coñecendo máis adiante.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook