nota:
(RGMV)
XARDÍN DESORDENADO
Fai algúns invernos, uns músicos de Vigo decidiron percorrer librerías e bibliotecas, á busca de poemas que converter en cancións. Logo, reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais. Todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados deSde diversas procedencias. Para o proxecto, ao que chamaron Xardín Desordenado, elIxiron unha sonoridade acústica e íntima e, respectando as mensaxes e os climas dos poetas, converteron os textos en swing, blues, bolero, bossa nova… O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está dedicado exclusivamente a mulleres. Desde a máis veterana Rosalía até a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que se narra neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.