Xacobe Martínez Antelo Trío

Outubro 17, 2019

nota:

XOVES 17 | 21:00 | 8€
O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ó medio centenar de composicións. E todo este material está publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño ó longo destes últimos e fructíferos anos. En formación de Trío, Cuarteto ou Quinteto, puxo a cara e o nome a unha forma de entender o Jazz que xurde dende o corazón e o peito, e que non coñece límites nin fai concesións. Xacobe Martínez Antelo continúa na senda da tradición xenuinamente jazzística con esta renovada formación a trío: saxo tenor, contrabaixo e batería, da man de Xosé Miguélez e Max Gómez. Jazz Galego de primeira liña, en libertade, e sen complexos…
Xacobe Martínez Antelo trío son: Xosé Miguélez no saxo tenor, Xacobe Martínez Antelo no contrabaixo e Max Gómez na batería

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
8 €