Xacobe Martínez Antelo Trío

Febreiro 03, 2019

nota:

Este domingo a Casa das Crechas volve coa súa programación mensual, que comeza con concerto ás 20.30 horas de Xacobe Martínez Antelo Trío, no que presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en marzo deste ano.

Esta formación xenuinamente jazzística é ao mesmo tempo transfroneiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á bagería e o propio Xacobe ao contrabaixo despregan un abano tan inusual como imaxinativo, para unha proposta musical que non entende de concesións nin de edulcorantes, e que se empeza en facer música desde Galiza para o século XXI.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €