Xacobe Martínez Antelo Trío

Maio 27, 2017

nota:
Casa das Crechas acolle un concerto de Xacobe Martínez Antelo Trío, a proposta persoal o contrabaixista de Sumrrá, o trío máis internacional do jazz galego.

O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ao medio cento de composicións. E todo este material está publicado nas distintas entregas discográficas que o contrabaixista de Compostela foi deixando polo camiño ao longo destes últimos e fructíferos anos. En formación de Trío, Cuarteto ou Quinteto, puxo a cara e o nome a unha forma de entender o Jazz que xurde dende o corazón e o peito, e que non coñece límites nin fai concesións.

Xacobe Martínez Antelo continúa na senda da tradición xenuinamente jazzística con esta renovada formación a trío: saxo tenor, contrabaixo e batería, da man de Xosé Miguélez e Max Gómez. Jazz galego de primeira liña, en libertade, e sen complexos…

Eles son:
Xosé Miguélez: saxo tenor
Xacobe Martínez Antelo: contrabaixo
Max Gómez: batería

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €