Xabier Lorenzo Grupo (bolero, reggae, rock, chachachá, country)
Gañador do concurso VAS SACAR NOTA 2011 organizado pola Radio Galega.
Manolo Pérez: batería; Antonio Marcial: percusión; Óscar Painceiras: baixo eléctrico e contrabaixo; Francisco Rodríguez: guitarra eléctrica e “midi”; Susana Díaz: teclado e voz; Marta Masafret: guitarra acústica e voz; Elena Lamas: voz e percusión.
Xabier Lorenzo formou parte, xunto con Manolo Pérez e Antonio Marcial, do grupo Sphaira que traballara conxuntamente con Xoán Rubia no proxecto discográfico Na percura da intimidade (anos 90). Compón e interpreta os seus propios temas. A xira que está a presentar, VENTE RAPAZA CONMIGO, inclúe os temas do disco co mesmo título -que se gravará o vindeiro xullo nos estudios da Radio Galega- e algunhas versións de músicos portugueses como João Afonso ou Fausto Bordalo. O abano musical é variado, con xéneros como o bolero, o reggae ou o rock, pasando polo chachachá e o country e facendo breves incursións no folk . Amalgaman o conxunto as letras, escritas en galego e (algunha) en portugués. Outro atractivo deste proxecto é o carácter multivocal, podendo varia-lo número de voces, dependendo do tema, entre dúas e catro.