Xabier Díaz Trío

Decembro 11, 2015

nota:

00:15 horas… Xabier Díaz Trío | Folk

Xabier Díaz: voz , percusión; Gutier Álvarez: zanfona, violín; Javier Álvarez: acordeón diatónico.

XABIER DÍAZ compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza. Formou parte do grupo Berrogüetto desde comezos do ano 2008 ata que este anunciou a súa disolución no 2014. Participou con Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero en ACadaCanto.

Ao longo da súa carreira, debemos destacar numerosas colaboracións en discos e concertos con diversos artistas e formacións tales como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño, etc. A súa presenza nos escenarios transcende a lugares tan dispares como México, Zimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia e Perú.

AXENDA

Facebook