Xabier Díaz “Levantarse e caer”

Abril 13, 2022

Malia levar anos dun recoñecemento grande e merecido pola súa traxectoria canda as Adufeiras de Salitre, Xabier Díaz non vive no acomodo e decide volver compartirmos unha colección de cancións. Non é unha continuación nin de “Músicas de salitre” (2005) nin de “Coplas para Icía” (“07) nin de “Arrolos de salitre” (”10), álbums anteriores baixo o seu nome, mais deles tira xeitos da música melódica e o pop, do son tradicional galego e os arrolos. Sete composicións propias e tres alleas – “Regalitos” de Luna Monti e Juan Quintero, a marabillosa “Luchín” de Víctor Jara e “Cançao de ninar” de Sara Leite – aquelan a liña argumental.

En conxunto, Xabier canta á infancia, á natureza e a paisaxe, aos recordos asimilados desde unha perspectiva adulta. Cuestiona certos valores, apunta a compartirmos e querérmonos máis e mellor para mellorar a realidade que nos arrodea. E faino cun acompañamento musical para degustar: Josete Ordóñez na produción, guitarras e mandolas precisas, os debuxos dos acordeóns de Pedro Pascual, a maxia das caixas de música e zanfonas de Germán Díaz e os dúos e coros brillantes de Antía Muíño. Complementando puntualmente apreciamos achegas puntuais de Alex Tobías e Manu Masedo nas percusións e de Guillem Aguilar e Marco Ferreiros nos baixos. “Infancia querida” é todo un himno, “Levantarse e caer” unha recompilación de referencias xeracionais, “María e a curuxa” unha sorte de bolero pop, os arrolos “O meu neno”, “Nana do sol” … en definitiva, un feixe de pequenas delicadezas.

Por iso cómpre achegármonos sen présas, con calma. Non se trata dun disco rachador ou festeiro, que reclame atención ou levante o ánimo, pero si un traballo honesto, vital, que Díaz fixo coa mellor das razóns: apetecíalle compartirnos estas cancións, estes “Arrolos e abrentes” (subtítulo do disco) que invitan a un público amplo e tanto á escoita lixeira ou relaxada como a unha máis atenta coa que apreciarmos os matices sonoros e vocais, con Xabier transmitindo esa calidez de seu. E ese agarimo que recibimos musicalmente acompáñase visualmente na edición física cun texto de María Canosa, as fotografías de Vari Caramés e tamén a maiores cunha edición limitada cunha caixiña de música para escoitar un dos arrolos.

Pepe Cunha, 13-abril-22

repertorio
“Levantarse e caer”
“Luchín”
“Infancia querida”
“María e a curuxa”
“O melro azul”
“Festa do bosque”
“Cançao de ninar”
“Regalitos”
“O meu neno”
“Nana do sol”

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook