nota:
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre despedirán o 2024 cunha serie de concertos únicos que celebran o éxito do seu disco “Axúdame a Sentir” e co fixeron bailar e gozar a moitos seguidores neste ano que está a piques de rematar. Esta xira de fin de ano levará a súa proposta musical por catro localidades galegas, converténdose nunha ocasión especial para compartir coa audiencia a esencia deste traballo e, nalgunhas coma a de Boiro, facendo das mesmas un cita que se repite cada ano.
As datas e lugares da xira son:
• Verín: 21 de decembro, no Auditorio de Verín, ás 20:30 h.
• Lugo: 22 de decembro, na Sala Tebras, ás 19:30 h.
• Narón: 28 de decembro, no Pazo da Cultura, ás 20:00 h.
• Boiro: 29 de decembro, en A Pousada da Galiza Imaxinaria, ás 19:00 h.
O disco “Axúdame a Sentir” é a suma de diferentes cancións e lembra aquela frase que Obdulia, a avoa de Xabier, lle dicía sempre. Esta xira de Nadal será unha oportunidade única para experimentar en directo o repertorio do álbum, co inconfundible acompañamento das Adufeiras de Salitre e tamén se converte nunha forma de agasallo anticipado para os seus seguidores e seguidoras.
🎟 As entradas para os concertos xa están dispoñibles en www.xabierdiaz.com. Para o concerto de Boiro ademais están a venda na propia Pousada da Galiza Imaxinaria e na
tenda Baldani.