nota:
Este concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre terá ademais unha compoñente especial. O músico coruñés presentará un espectáculo único, que titulou O Camiño da Pedra, no que convida a artistas amigos a subirse ao escenario con eles para acompañalos nun concerto no que revisarán os temas máis significativos dos seus repertorios. Entre estes artistas figuran Margarida Mariño (Galicia), Daniel Pereira (Portugal), Carola Ortiz (Cataluña), Carlos Herrero e Héctor Castillejo, músicos do grupo El Naán (Castela e León), e Donald Shaw e Karen Matheson (Escocia).