nota:
Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recibimos os impactos máis radicais da nosa existencia, os que perduran no tempo, os que renacen cando xa nin lembrabamos que tiñan acontecido, o amor, a inxustiza, a amistade, o medo, o respecto, a envexa… uns mancan e outros son curativos.
Buscar o lugar onde estaban agochados pode ser de gran axuda, logo toca recolocar de novo, resiliencia… aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse…levantarse e caer.
Levantarse e caer é un breve tratado sonoro sobre todo iso… algúns arrolos, algunha canción para reivindicarnos, outras para curarnos…
Mercar entradas Xabier Díaz – presentación novo disco “Levantarse e caer” Santiago de Compostela .