Hoxe 22 de maio ve a luz o novo disco do proxecto de Carlos Valcárcel. Sen présa pero sen calma, foi gravando “num apartamento em Compostela durante 2010 e 2011” para finalmente levar o resultado aos estudios d’A Ponte para a súa mestura e masterización por Tomás Ageitos entre decembro de 2011 e marzo de 2012.
Os seus dous primeiros álbumes “Baixo os eucaliptos” e “Kara.o.ke” editáranse baixo licencia libre coa plataforma netlabel A Regueifa e este novo traballo nun principio está dispoñible para a súa escoita e adquisición dixital. Máis adiante, e segundo a demanda, contémplase facer unha tirada de exemplares físicos.
Como xa se adiantaba na canción “Ao teu redor”, sucesora das súas máis celebradas “Como os caranguexos” e “Chuliboy”, dez pezas de “música desa de ordenador” (que diría aquel Conselleiro) e letras con boas doses de humor acedo e hedonismo
http://projectomourente.bandcamp.com/album/a-pior