xa están á venda as entradas para o SinSal SonEstrellaGalicia na Illa de San Simón

Xuño 04, 2014

Os días 25, 26 e 27 de xullo terá lugar na Illa de San Simón o SinSal SonEstrella Galicia.

Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia. A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo.

Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será un segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar.

Recuperamos a nosa crónica da pasada edición:

AXENDA