O festival de Paredes de Coura xa pasa dos vinte anos e segue a ofrecer ano tras ano unha das mellores programacións musicais e sempre na contorna incomparábel da Praia Fuvial do Taboao.
Do 13 ao 17 de agosto pasarán polos seus escenarios nomes tan salientables da escena independente como Calexico, Belle and Sebastian, Echo and The Bunnymen, The Horrors, The Vaccines, Hot Chip, Veronica Falls, Toy, John Talabot, Everything Everything …
O prezo dos billetes é de 80 € o “Passe Geral”, e de 40 € para cada día agás o día 14, no que custa 30 €.
Se aínda non fuches a Paredes de Coura, esta é unha boa oportunidade. Se xa o fixeches ou che falaron del, seguro que o estás a considerar.
Vémonos por alí !