X aniversario de Ábrete de orellas.com: concerto de Fernando Barroso & Luis Peixoto + pinchada orelluda

Marzo 19, 2013

X aniversario do portal galego Ábrete de orellas.com

concerto, selección musical orelluda, sorteo de discos

Festa do X Aniversario de ÁBRETE DE ORELLAS
Concerto de LUÍS PEIXOTO e FERNANDO BARROSO
Barroso (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e Peixoto (Anxo Lorenzo, Galandum Galundaina, Dazkarieh) son dous músicos novos pero experimentados que xa traballaron xuntos no trío Assembly Point. Agora presentan “POP”, un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional para afondar na música instrumental de diferentes estilos. Gravado, arranxado e producido por eles mesmos, POP, según os dous, é o resultado “de desprendernos dos nosos referentes”.
+ pinchada orelluda a cargo de Pepe Cunha
+ sorteo de discos de música galega, xentileza do selo DoFol e o Colectivo Galeoke
www.abretedeorellas.com

21:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €