WOSINC volve a Santiago de Compostela do 11 ao 13 de setembro

Xuño 18, 2015

nota:

Dez espazos emblemáticos da capital acollerán durante tres días a gran diversidade de propostas culturais e artísticas de WOSINC 2015.

Despois dunha exitosa primeira edición, cun total de mais de 1500 asistentes e 42 propostas artísticas espalladas por oito escenarios urbanos de referencia, WOSINC confirma que volve en 2015 para encher a cidade de Santiago con actividades culturais do venres 11 ao domingo 13 de setembro.

WOSINC é un encontro anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar que suma artes visuais, cine, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía, promove, a partires dun contexto íntimo, a busca e difusión de novas propostas culturais entre un público heteroxeneo.

Nesta segunda edición lánzase como novidade unha convocatoria para que emprendedores e start-ups presenten os seus proxectos relacionados coas industrias creativas e culturais, facendo do WOSINC o mellor campo de probas para as suas investigacións.

Aos oito espazos da primeira edición engádense o Salón Teatro e a nova sala de cine NUMAX, para completar xunto con Sala Capitol, Mercado de Abastos, Teatro Principal, Igrexa da Universidade, Fundación SGAE, Zona C, Museo-Fundación Eugenio Granell e o CGAC as dez sedes do WOSINC 2015.

Os primeiros cen abonos de fin de semana poden adquirirse xa na páxina web a un prezo especial de promoción de 30€.

SALA CAPITOL
Capitol é un antigo cine convertido en sala de concertos. Atópase dentro da zona vella de Santiago de Compostela.

MERCADO DE ABASTOS
Está ubicado no casco histórico, sendo ademais o segundo lugar mais visitado da cidade. Experiencia, cultura e gastronomía enmarcadas nun entorno arquitectónico histórico e único.

TEATRO PRINCIPAL
O Teatro Principal está ubicado na mesma zona monumental compostelana, foi construido en 1842, e no ano 1988 levouse a cabo unha reforma que o renovou para dar cabida a todo tipo de artes escénicas e musicais.

IGREXA DA UNIVERSIDADE
Xunto á Facultade de Xeografía e Historia atópase a Igrexa da Compañía ou da Universidade. Foi construida polos xesuitas no século XVII. Na actualidade emprégase como espazo mutidisciplinar.

FUNDACIÓN SGAE
A sede compostelana da SGAE é un edificio singular situado nunha antiga finca señorial reconvertida en parque público, de facil acceso dende a zona antigua.

ZONA C
Zona C é unha pequena sala multidisciplinar que é capaz de albergar dende un concierto ata una exposición de arte. Ubicado ao lado do CGAC e a poucos minutos andando da zona vella.

MUSEO-FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Atópase na Praza do Toural, centro do casco antigo, nun edificio do SXVII que alberga unha importante colección surrealista. Trátase dunha das poucas azoteas transitables do Santiago vello.

CGAC
O Centro Galego de Arte Contemporánea foi deseñado polo portugués Álvaro Siza, está nas inmediacións da zona vella, xunto do popular Parque de Bonaval, deseñado polo mesmo arquitecto.

SALÓN TEATRO
Inaugurado nun mes de outubro de 1920, o Salón Teatro de seguido se converteu en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestacións artísticas se sucederon neste edificio ao longo de todos estes anos. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

NUMAX
É un cine, unha librería e un laboratorio de deseño, comunicación e producción audiovisual. É a sede dunha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas de diversos ámbitos da creación e difusión cultural.

AXENDA

Facebook