WOSINC arrinca hoxe coa súa programación, que vén de ser desvelada completamente

Setembro 02, 2015

nota:

Máis de corenta propostas culturais procedentes de 15 países encherán de cultura a cidade de Santiago entre o 11 e o 13 de setembro a través do festival WOSINC, que esta mañá anuncia o peche do cartel da súa segunda edición.

O festival porá en marcha entre o 11 e o 13 de setembro un cartel musical encabezado por figuras internacionais como Michael Rother (membro fundador de Neu!), Girl Band, Mdou Moctar, Noveller, No Joy e Pye Corner Audio.

O cómico Ignatius Farray e as formacións Quimera Rosa e Voltage Opposites, que experimentan coa fusión da música e as artes visuais, levarán a súa particular visión das artes escénicas a diferentes espazos da cidade.

O Mercado de Abastos será o punto de encontró das actividades gastronómicas que WOSINC propón como nova para esta edición e que se celebrarán con carácter gratuito durante o mediodía do sábado 12. Por unha parte, unha demostración gastronómica apadriñada por Abastos 2.0, Radio Deli e Pazo de Altamira, tres locais de referencia no eido do Mercado. Os tres locais prepararán en directo unha tapa exclusiva que só será servida durante esta xornada e ademais ofertarán unha pequena degustación e un descontó especial para abonados. A segunda iniciativa de WOSINC no Mercado de Abastos é a creación de tres rutas gastronómicas guiadas pola Praza da man de tres expertos en diversas ramas da gastronomía: tradicional, ecolóxica e pasteleira.

No terreo audiovisual, WOSINC estreará en Compostela dúas cintas con dous axentes indispensables no terreo cinematográfico de Santiago. A primeira é a película colombiana Los Hongos, que será preestreada o próximo mércores 2 de setembro na sala de cine NUMAX, onde os abonados poderán acudir por un prezo reducido. Merece ser destacada a colaboración con Curtocircuíto, o Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, para presentar Akounak Tedalat Taha Tazoughai, primeira película de ficción Tuareg, protagonizada ademais polo músico Mdou Moctar, que tamén participa no WOSINC. Ademais Curtocircuíto programa unha Noite Curta ao ar libre na Praza de Praterías, cunha selección de pezas audivisuais experimentais. Completa o programa audiovisual a proposta da formación galega musical experimental Volontè, que proxectará a súa peza documental homónima rodada en 16mm.

No eido do debate, WOSINC propón catro coloquios cunha ampla visión cultural. O primeiro, ‘A Necesidade do Colectivo’, foi concebido polo crítico e músico Luis Boullosa e será conducido polo periodista e axente cultural David Bizarro, reflexionando sobre o peso do contido sociopolítico na música e outras artes. O segundo, ‘Te Estoy Hablando a Ti’, será coordinado pola periodista e escritora Xiana Arias – baixo o seu alter ego Lara Tigre – e explora as posibilidades dunha nova linguaxe auspiciada por varias creadoras, comunicadoras e activistas.

Outros dous coloquios de corte máis especializado foron engadidos ao programa. O primeiro, ‘Por Amor Á Arte, da Paixón á Profesión’, conducido por Fernando Rego, pon en común a varios promotores musicais independientes galegos, estatais e internacionais para debatir en torno á profesionalización e profesionalidade no ámbito musical. Por outra banda, a empresa de venda de entradas Ticketscript apadriña a conferencia ‘Como Aplicar os Datos aos Teus Eventos’, dirixido a profesionais de actos públicos.

WOSINC pretende, coa presentación deste ambicioso cartel internacional, afianzar o evento como unha aposta urbana, integradora, multidisciplinar e comprometida co entorno da cidade de Santiago e a cultura galega.

O abono para o festival pódese adquirir por 40€+gastos na páxina web do festival. Ademais as entradas para cada unha das tres xornadas pódense adquirir por 20€ o venres, 30€ o sábado e 10€ o domingo.
Descarga aquí o presskit do evento.

SALA CAPITOL
Capitol é un antigo cine convertido en sala de concertos. Atópase dentro do casco antigo de Santiago de Compostela.

MERCADO DE ABASTOS
Está ubicado no casco histórico, sendo o segundo lugar maís visitado da cidade. Experiencia, cultura e gastronomía enmarcados nun entorno arquitectónico histórico e único.

TEATRO PRINCIPAL
O Teatro Principal está ubicado na mesma zona monumental
compostelana, foi construído en 1842, e no ano 1988 levouse a cabo unha reforma que o renovou para dar cabida a todo tipo de artes escénicas e musicais.

IGREXA DA UNIVERSIDADE
Xunto á Facultade de Xeografía e Historia levántase a Igrexa da Compañía ou da Universidade. Fue construida polos xesuitas no século XVII. Na actualidade emprégase como espazo multidisciplinar.

FUNDACIÓN SGAE
A sede compostelana da SGAE é un edificio singular sito nunha antiga finca señorial reconvertida en parque público, de sinxelo acceso dende a zona monumental.

ZONA C
Zona C é unha pequena sala multidisciplinar que é capaz de
albergar dende un concerto a unha exposición de arte. Ubicado xunto do CGAC e a poucos minutos andando da zona histórica.

MUSEO-FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Atópase na Praza do Toural, centro do casco vello, nun edificio do século XVII que acolle unha importante colección surrealista. Trátase dunha das poucas azoteas transitables do Santiago histórico.

CGAC
O Centro Galego de Arte Contemporánea foi deseñado polo portugués Álvaro Siza, está nas nmediacións da zona vella, pegado ao popular Parque de Bonaval, deseñado polo mesmo arquitecto.

SALÓN TEATRO
Inaugurado no mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíse de seguido en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestaciones artísticas se suceden neste edificio. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

NUMAX
É un cine, unha librería e un laboratorio de deseño, comunicación e producción audiovisual. É a sede dunha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoeiros de diversos ámbitos da creación e difusión cultural.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook