WOS Festival x SON Estrella Galicia revela o cartel completo da súa sexta edición

Agosto 29, 2022

nota:

Algúns dos principais artistas da creación contemporánea actual se darán cita en la programación de concertos, performances, club, cinema e paneis que se estenderá entre o 8 e o 11 de setembro por doce espazos de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela

Entre os catorce novos nomes da programación musical destacan presentacións nacionais e internacionais de artistas como Rafael Anton Irisarri e Florence To, Grand River e Marco Ciceri, Holy Other & Pedro Maia, Carmen Villain, Aquarian ou Coby Sey

WOS Festival x SON Estrella Galicia desvela o seu programa completo. A VI edición do evento, que se celebrará entre o 8 e o 11 de setembro en Santiago de Compostela, recolle numerosas estreas a nivel nacional e internacional, e suma catorce novos nomes e actividades aos previamente anunciados.

O festival continúa así coa súa aposta por presentar propostas contemporáneas en torno ao “risco, a innovación e a exploración” co obxectivo de ofrecer unha alternativa cultural e artística de calidade en Santiago de Compostela. Esta nova edición do evento desenvolverase en doce localizacións de valor patrimonial da capital galega: o museo CGAC, o Teatro Principal, as Igrexas de Bonaval e da Universidade, as salas Capitol e Malatesta, a Fundación Eugenio Granell, a Sede Afundación, o Auditorio Abanca, o cinema Numax, a Fundación SGAE e o parque de Bonaval. Nos próximos días anunciaranse os horarios da programación e a súa distribución nas diferentes sedes.

MÚSICA
Unha parte importante da programación compóñena os concertos audiovisuais onde desfrutar de experiencias inmersivas. Nesta última ronda de incorporacións únense aos xa anunciados con anterioridade de Caterina Barbieri e Aho Ssan & KMRU o concerto do artista inglés referente do witch house Holy Other, quen regresa tras nove anos de parón para, en colaboración co artista visual portugués Pedro Maia, presentar o seu último álbum Lieve, que servirá de apertura do festival. Tamén, o estadounidense Rafael Anton Irisarri e a artista visual de Hong Kong Florence To presentan en primicia no marco do festival ATAARPHONOAK, unha visceral peza audiovisual cuxo concepto xira arredor da manifestación de partículas solares entrando na atmosfera terrestre. A neerlandesa-italiana Grand River poñerá o broche final ao festival presentando por primeira vez en España FOG, o seu novo concerto audiovisual creado xunto ao artista italiano Marco Ciceri. Completan esta lista os concertos dos galegos Artur M. Puga, que presenta por primeira vez o seu primeiro álbum co acompañamento visual de Shoeg, e Death Whistle, que presentará o seu novo álbum Alter.

A programación de noite e orientada a club trae consigo incorporacións moi especiais. Por un lado, a produtora e artista inglesa aya presenta xunto con Sweatmother, cineasta e artista visual, unha obra audiovisual que establece relatos de comunidades, voces e corpos non recoñecidos. O canadense radicado en Berlín Aquarian presenta en España Ouroboros, unha peza cun fino equilibrio entre experimentación e baile, e que conta co acompañamento das imaxes da artista visual china Sougwen Chung. Por outro lado, as incorporacións da produtora tunesina afincada en Francia Azu Tiwaline, que presentará en directo a súa música influenciada pola música bereber, a cultura club, o trance e o techno, e a nova discjockey neerlandesa mad miran, que será a encargada de pechar o club na noite de venres cun do seus intensos sets de techno e breakbeats.

Completan esta segunda ola de anuncios os directos da estadounidense Rachika Nayar presentando o seu novo álbum Heaven Come Crashing, que se publica este 26 de agosto da man do selo NNA Tapes; a noruego-mexicana Carmen Villain, presentando en formato dúo o seu novo álbum Only Love From Now On, unha deconstrución musical e espiritual do ecosistema da artista publicada baixo o selo Smalltown Supersound; o produtor e recoñecido músico inglés Coby Sey presentando en primicia o seu primeiro álbum en

AXENDA

Facebook