Woody Black 4

Xullo 07, 2016

nota:

WOODY BLACK 4 EN CONCERTO POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA
O cuarteto de jazz austríaco, gañador do European Jazz Contest, dará tres concertos en Santiago, Bueu e Ferrol.
Este sorprendente cuarteto de clarinetes aficando en Viena, experimenta dentro do jazz con instrumentos, a priori, menos convencionais.
Grazas a isto e ao seu talento, foron gañadores no prestixioso European Jazz Contest o ano pasado. WB4 ten por misión explorar elementos empregados polos compositores contempor á neos. Co tono cálido e profundo do instrumento e mediante rupturas, explosións e disolucións, crean un universo musical que se caracteriza por unha grande diversidade tímbrica. Un cuarteto de clarinetes baixos que se inspira non ó no jazz moderno, se non que tamén fai excursi ó ns ocasionais ao campo da vangarda e as m ú sicas tradicionais.

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=n0F7VYWVrL0
Teaser: https://www.youtube.com/watch?v=Gcdi-ThswYM
M á is info: www.woodyblack4.com
Concertos:
Martes 5 de Xullo – terraza da Casa das Crechas (Santiago de Compostela)
Mércores 6 de Xullo – xard í n da sala Aturuxo (Bueu)
Xoves 7 de Xullo – capela do CC Torrente Ballester (Ferrol)

Facebook

21:00 h.
Capela do CC Torrente Ballester, Ferrol.
5 €