Woody Black 4

Xullo 06, 2016

(Jazz, Austria)

Desde Viena chegan Woody Black 4, un sorprendente cuarteto de clarinetes que experimentan dentro do jazz con instrumentos, a priori, menos convencionais.

Grazas a isto e ao seu talento, foron gañadores no prestixioso European Jazz Contest o ano pasado. WB4 ten por misión explorar elementos empregados polos compositores contemporáneos.

Co ton cálido e profundo do instrumento e mediante rupturas, explosións e disolucións, crean un universo musical que se caracteriza por unha grande diversidade tímbrica. Un cuarteto de clarinetes baixos que se inspira non só no jazz moderno, se non que tamén fai excursións ocasionais ao campo da vangarda e as músicas tradicionais.

Actividade ao aire libre se o tempo acompaña

AXENDA

Facebook

12 hours ago

Ábrete de orellas
"Tempos complicados" é o terceiro videoclip do disco regreso dos Martelo: "O mesmo animal" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook