Wisecräcker + Liska

Marzo 20, 2013

O día 20 de marzo teremos en Vigo o concerto dos xermanos WISECRÄCKER xunto aos LISKA de Vigo na Fábrica de Chocolate ás 21:00h a un prezo de 7€ na porta.

WISECRÄCKER – A banda de Ska Punk máis internacional de Alemaña. Con catro traballos de estudio ás súas costas, os Wisecräcker, encandilados pola localización e as xentes galaicas, voltan por terceira vez a Vigo (GaliZa) con gañas de descarregar toda a súa forza no escenario como xa fixeron anteriormente, Vigo será novamente unha das súas paradas dentro da súa xira dentro do estado español.

LISKA – A banda viguesa Liska! nace coa vontade dun grupo de xóvenes por pasar un bo rato, que a xente se divirta e de paso que pensen un pouco, xa que a música é un arma cargada de futuro.

Un bon concerto a un bon prezo onde ninguén sairá da sala indiferente, os xermanos Wisecräcker prometen dar boa conta do seu amplo repertorio onde inclúen versións de temas en castelán como “Porque te vas?” e “Perfume de Gardenias” entre outros. E os vigueses Liska aportarán o seu gran de area como unha banda cun crecemento imparable chea de músicos doutras bandas como The Skarnivals e Skárnio por nomear a algunhas.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
La Fábrica de Chocolate Club, Vigo.
7 €