Willie Nile, carisma no Compostela Rock, 9-maio-2013

Maio 13, 2013

Hai tempo que os concertos de rock entraron nos nosos teatros, aínda que polo xeral as bandas tenden a se adaptaren a un formato máis calmo ou contido. Non foi este o caso do songwriter estadounidense Willie Nile que, seguramente acostumado a actuar en recintos deste tipo, non especulou en absoluto e saiu desde o primeiro acorde como un canón. O novaiorquino de Buffalo volveu amosar todo o carisma que atesora a súa presencia e ese modelo de cancións con vocación de himno que tan ben manexa. No Teatro Principal non eramos poucos dos que necesitamos de cando en vez unha dose de paixón e romanticismo que procuramos no rock and roll. Wille Nile é un deses tipos que alimenta esa ilusión inocente pero reconfortante.

Non se trataba da súa primeira visita ás nosas terras e iso notábase na ilusión de moit@s asistentes que repetían (mesmo da súa actuación a noite anterior na Salason de Cangas). En cuestión duns poucos instantes Nile volveu meter o público no peto e ofreceulle vellos clásicos propios, cancións do novo álbum que está para saír e, desta vez, só unha versión (“People Who Died”). A estas alturas queda ben claro que mantén perfectamente o nivel dun concerto tirando exclusivamente de repertorio propio: “One Guitar”, “Give Me Tomorrow”, “The House of a Thousand Guitars”, “Love is a Train” ao piano, “Doomsday Dance” … e recurrindo con impecable solvencia aos ticks, non por manidos menos efectivos, de presentar as cancións, invitar a cantar ao público, as palmas, os falsos finais, etcétera. Se ademais conta co bo facer na guitarra solista do “Stormy Mondays” Jorge Otero e a actitude e o traballo impecable de Johnny Pisano no baixo e coros, todo flúe.

Entre as pezas novas, mencionariamos a súa particular, contundente e crítica “oración enfadada pola paz”: “Holy War”, a pegadiza “She”s Got My Heart” ou “The Crossing” que encaixan no seu modelo habitual de composicións, recoñecible e efectivo. Outros compañeiros de xeración e estilo enchen estadios, pero Nile prende lume en teatros e salas a base de carisma, intensidade, humildade e entrega. Xa sabemos que esas mensaxes vestidas nunha fusión de coros, guitarras e base rítmica contundente non cambiarán o mundo, pero fánnolo máis habitable. Só por isto xa cómpre asistir a un concerto de Willie Nile !

Pepe Cunha, 13-maio-2013

setlist:
“Welcome to my Place” ?
“Life on Bleecker Street”
“The Innocent Ones”
“Heaven Help The Lonely”
“Holy War”
“The Midnight Rose”
“Give Me Tomorrow”
“The Crossing”
“Love is a Train”
“She”s Got My Heart”
“American Ride”
“If I Ever See the Light”
“The House of a Thousand Guitars”
“People Who Died”
“One Guitar”

“On The Road of Calvary-For Jeff Buckley”
“Doomsday Dance”

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook